cabalgata

Verín prepara a súa tradicional Cabalgata dos Reis para mañá

As súas maxestades irán ás 16,00 horas á Residencia de Anciáns Santa María para entregarlle agasallos ás persoas maiores

O Concello de Verín prepara a tradicional Cabalgata dos Reis Magos. Celebrarase mañá  venres, día 5 de xaneiro, a partir das 17,00 horas. Con anterioridade, ás 16,00  horas, acudirán á Residencia de Anciáns Santa María para entregarlle agasallos ás persoas maiores.

A Cabalgata comezará na Casa do Escudo e tras percorrer a avenida Luís Espada, rúas Deputación e Irmáns Moreno, concluirá no Pavillón Municipal de Deportes, onde terá lugar unha gala, na que participarán a alcaldesa infantil e os seus concelleiros, e se repartirán agasallos entre os nenos.

Como o ano pasado, o escenario principal onde se situarán os Reis Magos estará situado nun fondo da pista do Pavillón, ao que se poderá  acceder pola porta principal (rúa Irmáns Moreno) e pola porta lateral (rúa José Santamaría). Haberá un aforo limitado non superior ás 2.500 persoas, polo que se recomenda que soamente acuda un adulto por cativo, co fin de facilitar o acceso ao máximo número de menores de idade. A apertura das portas será ás 17.15 horas.

Concerto de Reis

Por outra banda, o sábado 6 de xaneiro, a partir das 20,00 horas, a igrexa da Mercé acollerá o tradicional Concerto de Reis, organizado pola Asociación Verinense de Amigos da Música. A Coral de Verín interpretará un amplo repertorio de panxoliñas.

Te puede interesar