"Vivir ben, sentirse mellor", voluntariado senior en Verín

CONCELLO VERÍN SERVIZOS SOCIAIS SENIOR
photo_camera Traballo voluntario a través dos Servizos sociais do Concello. (Foto: cedida).
O Concello de Verín organiza este proxecto a través dos Servizos sociais

O Concello de Verín, por medio do departamento de Servizos sociais e da Oficina Xuvenil/Omic, pon en marcha o proxecto "Vivir ben, sentirse mellor", subvencionado pola consellería de Política Social.

A iniciativa está dirixida á comunidade local, e desenvolverase mediante a creación dun voluntariado senior -persoas de 55 ou máis anos- que estean dispostas a colaborar responsable e solidariamente na cobertura das necesidades comunitarias e programas sociais, como poden ser o de axuda alimentaria, a animación e promoción do ocio saudable nas persoas maiores, as novas actividades adaptadas ao escenario covid-19, etc.

As persoas interesadas en formar parte deste voluntariado poden dirixirse á Casa da Xuventude -avenida de Portugal, 11- en horario de 09,00 a 14,00 horas para a correspondente información e inserción, ou ben chamando ao número de teléfono 988414776.

Te puede interesar