Mosteiro de San Pedro de Rocas

Ante a constante chamada ó Concello de Esgos de persoas e colectivos que queren visitar o Mosteiro de San Pedro de Rocas (S. VI) esta Alcaldía quere poñer en coñecemento dos medios de comuncicación a situación vergoñenta e lamentable que se está producindo no referido cenobio.
Este Mosteiro, propiedade da Deputación de Ourense, foi cedido á Xunta de Galicia para a súa explotación por 99 anos. Realizouse unha rehabilitación na casa prioral e abriuse un Centro de Interpretación da vida monástica e da ribeira sacra que foi inaugurado polo conselleiro de Industria(BNG), Fernando Blanco, o 2 de Maio de 2007.

Posteriormente contratouse á empresa amiga do BNG “Habana Eventos” para a xestión do referido centro con apetura ó público tódolos días excepto os luns.

Dende o 1 de Xaneiro pecharon a instalación sin dar máis explicacións. Postos á fala con Lois Pardo, da empresa Habana Eventos, comentou que non lle renovaran o contrato que asinaran ca Dirección Xeral de Turismo dependente da Consellería de Industria gobernada polo BNG.

Os cálculos de visitas anuais que ten feito o Concello de Esgos durante os últimos dez anos situan as mesmas en 35 mil persoas e dende a apertura do Parador de Santo Estevo incrementouse a afluencia de visitantes a Rocas.

Nas últimas semanas comezaron a abrir o centro de interpretación os sábados e domingos, utilizando unha becaria da Universidade. Ninguén de Turismo da Xunta (Dependente de Industria) informou ó Concello e únicamente esta becaria chamou para solicitar que o Concello subministre auga ás instalacións, xa que fixeron a reforma e inauguración sen preocuparse de facer unha traida de auga e depuradora de augas residuais. Os veciños do pobo cercano chamado Cernada, mostraron a súa perplexidade cado observaron unhos topógrafos enviados pola Xunta de Galicia realizando traballos para levar auga dende o depósito deste pobo ata o Mosteiro de Rocas, sin contar ca autorización nin do pobo nin do Concello de Esgos.

Os veciños do concello de Esgos e o Grupo de Goberno reclamamos que se proceda, pola Xunta de Galicia, de inmediato á reapertura diaria do centro xa que estamos dando unha imaxe lamentable ante os milleiros de visitantes que se achegan á ribeira sacra.

Asdo.: Manuel Blanco Pérez, Alcalde-Presidente do Concello de Esgos (Ourense)

Te puede interesar