politica

Alternativa Veciñal optará de novo ás eleccións locais

O período de inscrición dos afiliados estará vixente ata o vindeiro 21 de febreiro, e concluirá cunhas primarias o 2 de marzo

Alternativa Veciñal, cuxo portavoz actual no Concello do Carballiño é Bernardo García, presentarase de novo ás eleccións municipais do próximo mes de maio por decisión dos seus membros en asamblea. Tomouse o acordo de elaborar unha candidatura e para elo pretende aglutinar á xente que, "por enriba de intereses partidarios concretos, considere que o concello debe funcionar doutro xeito, a fin de prestar os mellores servizos de cercanía sen incrementar máis os impostos", sinalaba Bernardo García.

Na asamblea tamén se acordou un calendario de conformación da candidatura que empeza con un período de inscrición da xente que concorde cos principios de Alternativa Veciñal, cuxo prazo rematará o próximo 21 de febreiro, e que concluirá nunhas primarias a celebrar o 2 de marzo. 

"A ordenación debe empezar polo persoal do concello que ten que acceder ao traballo a través de procesos selectivos abertos e que respecten a igualdade de oportunidades", sinala Alternativa Veciñal. En engaden que "por aforro e eficacia, compre recuperar os servizos privatizados segundo vaian caducando as concesións, tal como se aprobou no actual mandato". Nese sentido, refírese aos servizos de recadación, de axuda a domicilio, xestión da auga de consumo domiciliario e depuración e recollida de lixo. 

Tamén propón un calendario de intervención viaria priorizando necesidades básicas.

Te puede interesar