O CARBALLIÑO

Alternativa Veciñal pide que se cumplan os acordos do Pleno

O portavoz do grupo municipal Alternativa Veciñal do Carballiño fixo unha valoración do traballo desenvolvido polo grupo de goberno socialista, cando está a punto de cumplirse un ano desde as últimas eleccións municipais. Bernardo García asegura que o traballo vai moi lento porque aínda non se resolveron asuntos que se aprobaron nos plenos. Refeiruse ao RPT (Relación de postos de traballo), "na que se recollan as funcións dos traballadores", e que aínda non se rematou. 

Tamén se refiriu o concelleiro ao compromiso, segundo acordo plenario, para municipalizar servizos que están privatizados como o de recaudación ou de axuda a domicilio, para "aforrar e poder contratar máis traballadores". Reclamando, ademais, a posta en marcha do matadoiro e de unha auditoría económica, entre outros proxectos.

Te puede interesar