A Concellería de Medio Ambiente pranta 200 cerdeiras nestes días

As árbores autóctonas gañan terreo no Parque

Unha cerdeira e un grupo de carballos prantados no Parque. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A recuperación forestal das zonas máis degradadas do Parque municipal do Carballiño entra nunha nova fase coa prantación dunhas 200 especies autóctonas no espazo comprendido entre a avenida do Arenteiro e a antiga estrada N-541, hoxe residencial. O departamento municipal de Medio Ambiente xa recibiu da Consellería de Medio Rural un total de 200 cerdeiras procedentes de viveiros, que están a ser prantadas polos operarios nos tramos de bosque correspondentes.
Nunha primeira xornada, desenvolta no pasado mes de marzo, acometeuse a reforestación dunha zona lindante coa avenida de Vigo, que atravesa o Parque de norte a sur, con un cento de cerdeiras, carballos, loureiras, nogueiras, figueiras e castiñeiros. Estas árbores veñen a substituir ós piñeiros que previamente foran talados pola brigada municipal de Medio Ambiente, e posteriormente vendidos para investir os cartos na recuperación do propio Parque.

O programa de xestión forestal conta co apoio da recentemente creada Asociación de Amigos do Parque, integrada por representantes de colectivos sociais e veciños en particular. O obxectivo é conquerir que ó menos a metade da paraxe natural (15 hectáreas) sexa de bosque autóctono.

Te puede interesar