A asociación de pais organiza andainas micolóxicas

A Asociación de Nais e Pais A Uceira do colexio público Calvo Sotelo do Carballiño comunicou os seus socios que todos os sábados deste mes de novembro, se farán andainas micolóxicas, se a metereoloxía o permite. A saída será na entrada do parque municipal ás 10:30 horas e o regreso sobre as 13 horas.
Os nenos e os pais que queiran participar deberán levar calzado axeitado. A primeira será o día 5 deste mes de novembro.
Esta é unha das actividades programadas pola entidade para o presente curso escolar. Entre outras, haberá teatro, dibuxo, obradoiro de inglés e patinaxe.
Más de 100 nenos xa se anotaron para participar e a asociación manifesta o seu agradecemento a Asociación de Comerciantes, o Casino, a UGT e o claustro de profesores pola súa colaboración.

Te puede interesar