Os automóbiles non terán acceso dende o luns á rúa Virtude

O Concello do Carballiño, a ó traverso da área de Obras e Urbanismo, comunicou onte que dende o vindeiro luns a rúa Virtude permanecerá pechada o tráfico, debido ós traballos que se relizarán na mesma para a mellora do firme e a construcción de beirarrúas, no tramo comprendido entre a estrada de Ribadavia e a avenida San Cibrao.
O concelleiro de Obras, Manuel Amil Otero, sinalou que “agardamos a que esta situación de peche ó tráfico dure o menos posible para evitar moitas molestias ós conductores e sobre todo ós veciños desta rúa”. O departamento que dirixe e o edil nacionalista remitirá hoxe un escrito a tódolos inquilinos e propietarios de prazas de garaxe da rúa Virtude, co obxectivo de informarlles do corte de circulación.

As obras de mellora de esta vía do casco urbán do Carballiño están incluidas no Plan E, e inclúen tamén a reposición integral das redes de abastecemento e saneamento.

Te puede interesar