Benestar Social do Carballiño tramita axudas ás mulleres

O Centro de Información ás Mulleres da Concellería de Igualdade e Benestar Social do Carballiño ten aberto o prazo ata o 31 de outubro para a presentación de solicitudes de axuda ás mulleres víctimas da violencia de xénero. 

A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Entre outras condicións para ter acceso a estas axudas está a de ser maior de idade ou emancipada, víctima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica, ademais de ter cesado a convivencia co agresor no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude, que se tramita neste Concello.

Te puede interesar