O CARBALLIÑO

Bernardo García lidera a nova candidatura veciñal

O aspirante á alcaldía do Carballiño propón ó BNG unha lista única, sin siglas, para desbancar oó PP

Bernardo García Novoa será o cabeza de lista da nova candidatura veciñal que opta no Carballiño ás elecións municipais do 24 de maio. Este profesor de inglés, agora xubilado, xa formara parte dun anterior goberno local cando militaba no BNG e esta formación pactara cos socialistas. Despois ingresou nas filas de Anova, participando agora nesta candidatura despois da celebración dunhas eleccións primarias abertas.

Onte diron a coñecer ós 22 aspirantes, sendo os 10 primeiros: Bernardo García, Chus Álvarez Canitrot, Ernesto Atanasio Iglesias, Patricia Ordás Pastrana, Eduardo Ordóñez Gordón, Matilde López Fernández, Carlos Enrique Pereira Fernández, Iris López Müller, Albert Brull Gracia e Dori Martínez Góñi.

Esta candidatura veciñal fai un chamamento ó BNG para dialogar con vistas a crear unha lista única e veciñal, sin siglas, e cun programa conxunto para presentarse ás elecións. Bernardo García declaraba que "penso que coincidimos no 90% do programa e o que se trata é de desbancar ó PP e facer política en favor dos cidadáns e por eso facemos un chamamento para que o pensen".

Te puede interesar