Campaña contra a violencia de xénero nos centros escolares

A Concellería de Igualdade e Benestar Social de Carballiño iniciou o programa de 'Sensibilización e Prevención da Violencia de Xénero' nos diferentes centros educativos da vila. A sesión deste mes pretende introducir a temática da violencia de xénero con conceptos básicos coma as diferenzas entre sexo e xénero, os tipos de maltrato ou as etapas que se producen nunha situación violenta.
Estes conceptos servirán de base para as sesións vindeiras de carácter mensual, ata o remate do curso escolar, que afondarán en temas coma os estereotipos, a igualdade na publicidade ou os factores de risco e recursos dispoñibles no tratamento da violencia, entroutros.

O obxectivo principal destas charlas é concienciar ó alumnado máis novo sobre esta problemática social.

Te puede interesar