Os carballiñeses lembran a figura do promotor de A Veracruz

A vila do Arenteiro rendirá un sentido homenaxe a don Evaristo Vaamonde, o párroco que promoveu a construcción do templo de A Veracruz, cunha serie de actos programados para esta fin de semana. O recoñecemento do pobo do Carballiño faise coincidir co medio século do pasamento do cura nado na parroquia de Moreiras, en Toén.
Deste xeito, o venres, ás 20,30 horas, o historiador Felipe Senén López falará no Casino carballiñés da traxectoria do arquitecto Antonio Palacios, deseñador do nova igrexa parroquial.

O sábado, tamén no Casino, pero as 20,00 horas, o sacerdote José Ramón Figueiredo disertará encol da vida de don Evaristo. Os actos rematarán o domingo cunha misa solemne na Veracruz, ás 12,30 horas, oficiada polo abade mitrado do Mosteiro de Oseira, Javier Martín, seguida dunha ofrenda froral ante a estatua do homenaxeado, no adro exterior.

Te puede interesar