Carballiño inicia un programa de estimulación para os maiores

A Concellería de Igualdade e Benestar Social do Concello do Carballiño inicia hoxe o programa de estimulación cognitiva para as persoas maiores do municipio, que representan o 32% da poboación total. Con este programa trátase fundamentalmente de apoialas na planificación de estratexias para un envellecemento en positivo e activo, promover novos intereses e actividades, estimular e entrenar a vitalidade mental e a ocupación do lecer e tempo libre en positivo.
Consiste en 12 sesións impartidas ao longo de 3 meses, cunha periodicidade de unha sesión semanal de 2 horas e desenvolverase nas diferentes parroquias do Carballiño e na zona centro, impartidos póla psicóloga clínica Sandra Rodríguez Neira e outras profesionais, segundo sinala a concelleira, Purificación Alberte.

Te puede interesar