SAÚDE

O Concello pide outro pediatra e unha segunda ambulancia

Eloína Núñez dixo que se ía a ter en conta nas próximas listas selectivas para persoal a quenda de tarde de pediatría e ademais suxeriu solicitar de xeito formal por escrito unha segunda ambulancia

A ampliación do servizo de pediatría en xornada completa no centro de saúde do Carballiño e a necesidade dunha segunda ambulancia para cubrir a carencia comarcal, foron dous dos asuntos que se trataron durante a reunión desenvolvida entre a xerente do Centro Universitario Hospitalario de Ourense, Eloína Núñez Masid; a directora de procesos asistenciais sen ingreso e xestora da área médica para os centros de saúde, Isabel Gómez, e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Saúde, Marina Ortega. 

Eloína Núñez dixo que se ía a ter en conta nas próximas listas selectivas para persoal a quenda de tarde de pediatría e ademais suxeriu solicitar de xeito formal por escrito unha segunda ambulancia, Finalmente, anunciou para o primeiro trimestre do 2017 a proba de cribado que detecta o cancro colorrectal. 

Te puede interesar