VERÁN

Carballiño pon a punto as súas piscinas municipais

A brigada municipal de obras do Carballiño procede ao acondicionamento das piscinas co obxectivo de que estean plenamente operativas para a apertura da tempada, prevista para  mediados do próximo mes de xuño

A brigada municipal de obras do Carballiño procede ao acondicionamento das piscinas co obxectivo de que estean plenamente operativas para a apertura da tempada, prevista para  mediados do próximo mes de xuño. 

"Debido ás numerosas deficiencias que se observaban, fundamentalmente, por falta de mantemento nos últimos anos, estase realizando un traballo a fondo que tardará aínda varios días ", segundo declaran os responsables municipais. Así, efectúanse reparacións e traballos de pintura nos vasos das piscinas e no aglomerado; nos baños e vestiarios, nas duchas e nas barandillas. 

Previamente, realizouse o desbroce e unha limpeza a fondo na parte do peche que rodea as piscinas e no césped, e tamén se levou a cabo o acondicionamento da área recreativa do areal, no Cuco e na Ponte Veiga. Ademais, estúdase a posibilidade de ampliar a zona de aparcamento no exterior do recinto. n

Te puede interesar