O Carballiño recoñecerá “o esforzo” das súas pulpeiras

O CARBALLIÑO (RÚA ROSALÍA DE CASTRO). 08/08/2021. OURENSE. Centos de persoas inundan as rúas e as terrazas de O Carballiño para saborear o pulpo na 59 edición da Festa do Pulpo, celebración atípica sen actividades no parque municipal para cumprir os protocolos anticovid. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera ÓSCAR PINAL
O martes vivirase un dos momentos máis especiais da festa:  o de intentar bater un novo récord coa preparación da tapa mais grande do mundo. Nesta ocasión serán 515 os quilos de pulpo.

Ao comezo da 60 edición da Festa do Pulpo do Carballiño, que este ano estrease co distintivo de evento de Interese Turístico Internacional, a organización recoñecerá “o esforzo” feito ao longo de todos estes anos polas pulpeiras da vila, así como a contribución á festa do historiador Felipe Senén. 

A todos eles, pezas imprescindibles para perpetuar a tradición desta festa, se lles renderá homenaxe mañá, ás 12,00 horas, na Casa do Concello. 

Dende a organización prevén que “unha nutrida representación destas profesionais” recollan un obsequio, ao mesmo tempo que o propio Felipe Senén, do que destacan tamén o seu labor como arqueólogo, museólogo, presidente da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia e actual secretario da Academia Galega de Bellas Artes.

SEMANA GRANDE

A homenaxe ás pulpeiras e ao historiador será o primeiro acto da semana grande da Festa do Pulpo, aínda que a súa programación especial xa comezou o pasado día 1 de agosto coa semana grande para os pequenos. A proposta incluíu o Festival de Habaneras ou o que leva por nome “Feito no Carballiño”, proxecto que promociona a aqueles grupos que contan co talento dun carballinés ou carballinesa. 

O martes vivirase un dos momentos máis especiais da festa:  o de intentar bater un novo récord coa preparación da tapa mais grande do mundo. Nesta ocasión serán 515 os quilos de pulpo -15 máis que o ano pasado- os que se cocerán, e na súa preparación participarán unha trintena de profesionais.

O Concurso de Camisetas do sábado será outro dos pratos fortes da programación. Dende a organización subliñan que xa son unha vintena as peñas inscritas para participar, se ben o prazo para entregar a documentación remata este mércores. Neste senso, a participación está aberta a todos os colectivos, sen límite de idade, sempre que o responsable da agrupación teña máis de 18 anos.

Te puede interesar