Os cativos de Piñor deseñarán un xornal propio neste verán

O Concello de Piñor xa abriu o prazo de inscripcións no programa de actividades infantís do verán, que acadan a súa sexta edición, e entre as que destaca como novidade a elaboración dun xornal. Así, durante os meses de xullo e agosto, os rapaces a partir de seis anos de idade 'poden enriquecer o seu tempo de lecer, cunha programación que tamén axuda á conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais, algo moi importante na sociedade actual', suliña o alcalde do municipio, Francisco José Fraga.
Manualidades, talleres medioambientais, xogos populares, reforzo escolar, unha escola de teatro e, finalmente, a creación dun 'Xornal de Piñor', que será publicado no mes de setembro, conforman esta iniciativa municipal. Os contidos deste xornal serán de índole social e educativo, como a igualdade de mulleres e homes, a loita contra a violencia de xénero, e o respeto a outras culturas e razas, entre outros.

Te puede interesar