Os cativos de San Cristovo poden aprender lingua inglesa

O Concello de San Cristovo de Cea vén de poñer en marcha un programa de iniciación ó inglés en idades temperás, no Punto de Atención á Infancia municipal (PAI). Os técnicos deste centro consideraron de interese introducir no programa educativo a aprendizaxe dun segundo idioma, neste caso o inglés, dentro das actividades diarias.
Para a promoción desta experiencia bilingüe, o PAI de Cea dispón, tres veces á semana, dunha licenciada en Filoloxía Inglesa, 'que de maneira natural e cun procedemento lúdico baseado en xogos, películas de debuxos e cantigas, achega ós cativos a nova linguaxe', apunta Rosa Bernárdez, directora do centro.

Te puede interesar