AUDIOVISUAL

O Cine Club contabiliza 2.400 espectadores durante 2016

O Cine Club Carballiño celebrou a súa asamblea anual de socios, coa que se puxo fin ás actividades do 2016.

O Cine Club Carballiño celebrou a súa asamblea anual de socios, coa que se puxo fin ás actividades do 2016. Un dos puntos foi a renovación da propia directiva, incorporándose  Quico Valeiras como vogal. En canto ás actividades, proxectáronse un total de 48 películas, 43 longametraxes e 5 curtas. Aparte das sesión habituais dos venres, fixéronse dous ciclos especiais, un ao aire libre, "Flores de Cine", que vai pola súa cuarta edición, e outro adicado ao público máis xove, "Nadal de Cine". 

Tamén se mantivo a colaboración co Concello do Carballiño e co Agadic para levar a cabo o ciclo "Cinemas de Galicia". Houbo 6 proxeccións especiais, nas que se lle prestou especial atención ao cine galego. O número total de espectadores chegou aos 2.400.

A situación económica da entidade está totalmente saneada e a directiva prantéxase novos proxectos, como a rehabilitación da antiga oficina ou ampliar a oferta cinematográfica con ciclos temáticos. Neste sentido é fundamental a aportación económica do Concello e dos socios colaboradores, segundo os directivos, que axudan a garantir a actividade. 
En xaneiro iníciase unha nova campaña de socios. Por unha cuota de 30 euros ao ano o Cine Club fai publicidade da empresa ou comercio asociado.

Outra novidade será a recuperación da versión orixinal das películas, ás 22,30 horas. 

Te puede interesar