Cita coa poesía, a música e a danza, na Insua dos Poetas

photo_camera Varios colegios comarcales acudieron a un acto en Fundación Insua dos Poetas para celebrar un acto por el Día de la Poesía.
Escolares da comarca e de Vigo participaron nun acto no que se rendiu homenaxe a Arxentina

A Insua dos Poetas acolleu de novo a celebración do Día Mundial da Poesía, tras dous anos de parálise por causa da pandemia, e unha vez máis os nenos foron os protagonistas desta festa da cultura galega. Organizada pola Fundación Insua dos Poetas, o seu presidente, Luis González Tosar, animou aos escolares a comezar “cun acto de liberación, escenificando neste acto o momento da liberación da máscara”, unha invitación que recibieron os rapaces con aplausos, aínda que a maior parte deles decidía permanecer con ela.

González Tosar retomaba con emoción esta celebración, “hoxe que o mundo está en mans tan insensatas e volvemos os seres humáns a barbarie da guerra”, y engadía que “a poesía é palabra, emoción, ímpetu xuvenil e gañas de soñar e crear”.

Participaron alumnos dos institutos Nº 1 e Chamoso Lamas e dos colexios Calvo Sotelo, Sagrado Corazón, Vila de Arenteiro, de Boborás, O Irixo e Maside, e como centro invitado o IES do Castro, de Vigo, que recitaron poemas de Florencio Delgado Gurriarán.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, manifestaba que “a poesía, a cultura, é máis necesaria que nunca” e referíase a homenaxe á literatura arxentina prevista neste acto, sinalando que “estamos unidos por moitos vínculos e a cultura é o vínculo que máis nos une”. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, sinalou que a lingua distingue e caracteriza a este pobo e lembrou o manifesto do Irixo do pasado 30 de outubro a raíz do percorrido dun tramo do Camiño de Santiago que fixeran membros da Xeración Nós.

Marian Sandoval presentaba seguidamente un espectáculo no que combinou poemas galegos con ritmos de Latinoamérica e danza.

Te puede interesar