O CARBALLIÑO

Os colectores de aceite de Carballiño son provisionais

O Carballiño dispón de colectores provisionais para a recollida de aceite usado, xa que a Deputación aínda non ten dispoñiblesos definitivos

O Carballiño dispón de colectores provisionais para a recollida de aceite usado, xa que a Deputación aínda non ten dispoñiblesos definitivos. Estes recipientes teñen máis capacidade que os que foron retirados hai unhas semanas, sendo o seu funcionamento similar para facilitar a vertedura ós usuarios.

Os colectores foron colocados na zona do Campo da Feira, Calvo Sotelo e Evaristo Vahamonde.“Dende que foron retirados os anteriores, que xa estaban moi usados e perdían o contido, dende a Área de Medio Ambiente estivemos instando á Deputación provincial para que colocaran os novos, xa que son usados por moitos veciños", segundo sinalou a concelleira, Erika Paz.

Te puede interesar