A compostaxe doméstica de lixo orgánico chega a Boborás

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Boborás, coa colaboración do Servizo de Augas da Deputación de Ourense, vai poñer en marcha unha campaña de compostaxe doméstica aberta a tódolos veciños do municipio.
Este programa comezará cunha charla informativa na que se orientará ós asistentes sobre como iniciar e manter o proceso, que ten coma obxectivo converter o lixo orgánico en fertilizante para prantas ornamentais e de horta. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscripción nas oficinas municipais ata o vindeiro 30 de abril, e deberán cubrir unha ficha de solicitude.

Te puede interesar