O Concello de Boborás concede axudas para material escolar

Libros escolares (ARCHIVO)
photo_camera Libros escolares (ARCHIVO)

El Concello de Boborás ha abierto el plazo de solicitud de ayudas para material escolar, con cantidades que van desde 70 euros para infantil hasta 130 euros

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense vén de publicar as bases que rixen a convocatoria de axudas para material escolar no Concello de Boborás para o próximo curso 2023/2024. O prazo de presentación das solicitudes para acollerse a estas axudas municipais abriuse o pasado día 15 de decembro e prolongarase ata o próximo 21 deste mesmo mes.

Os responsables municipais informan que será a traballadora social a encargada de tramitar e recoller a documentación que deberán presentar os solicitantes, contemplada nas bases da convocatoria.

Estas axudas serán compatibles coas de outras administracións, segundo apuntan as autoridades municipais. A contía é de 70 euros para alumnos de infantil; de 90 euros por beneficiario de primaria; 110 euros en secundaria; 130 euros para os alumnos de Formación Profesional e tamén de 130 euros para cada beneficiario de bacharelato.

Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 988 402008.

Poboación

Con esta medida, as autoridades municipais pretenden aliviar o gasto das familias de Boborás e contribuír ao asentamento de poboación, ao mesmo tempo que se impulsa e apoia ao colexio público, no que tamén se ofrece unha amplia programación de actividades.

Te puede interesar