reciclaxe

O Concello cambiará os depósitos para facilitar a reciclaxe do aceite doméstico

Non so na vila haberá novos recipientes, tamén as parroquias de Seoane, Partovia, Mesego e A Veiga contarán con eles

 A Concellería de Medio Ambiente do Carballiño anuncia que renovará en próximos días os colectores de recollida de aceite doméstico usado co fin de poder depositar envases que conteñan dito residuo en vez de verter directamente o líquido, como sucedía ata agora. Esta mellora forma parte dun programa da Deputación Provincial de Ourense solicitado polo Concello do Carballiño, que permitirá ademais ampliar o servizo ás zonas do rural con maior poboación, segundo afirma a concelleira responsable deste departamento municipal, Érika Paz.

Estes colectores estarán ubicados en zonas estratéxicas do casco urbano, como o son a avenida do Balneario, fronte ao colexio do Campo da Feira; nos lugares onde están ubicados os supermercados Eroski da rúa Evaristo Vaamonde e de Calvo Sotelo; fronte ao supermercado Froiz, na rúa Cesáreo Tizón; na Praza de Abastos, na avenida Julio Rodríguez Soto; na rúa Aquilino Sánchez; fronte ao colexio da Uceira; nos Catro Camiños, na rúa Castelao; na avenida 25 de Xullo, e na rúa Conde Vallellano. Ademais, por primeira vez, ubicaranse catro contedores na zona rural, concretamente, nas parroquias de Seoane, Partovia, Mesego e Veiga. 

Serán un total de 14 depósitos os instalados nestes días, segundo confirmou a concelleira de Medio Ambiente.

Actualmente, hai tres grandes recipientes de recollida de aceite usado ubicados na avenida do Balneario, fronte ao colexio do Campo da Feira e fronte aos supermercados Eroski, na rúa Evaristo Vaamonde e en Calvo Sotelo. Con todo, son contedores nos que so está permitido botar directamente o aceite usado, sen poder depositar os envases pechados nos que os veciños reservan este residuo doméstico para a súa reciclaxe. Tal e como sinalan os responsables municipais, este sistema produce perdas que manchan o espazo no que están ubicados. "En cambio, co novo sistema, hai que depositar envases pechados, polo que non é tan fácil que se verta líquido fóra do colector", segundo engaden. Este sistema tamén facilitará o labor aos vecinos que reservan o aceite usado para a súa reciclaxe.

Te puede interesar