O Concello de Carballiño media no conflicto pola auga en Partovia

O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, e o concelleiro de Obras, Magín Daparte, mantiveron na tarde de onte unha reunión cos veciños de Partovia nun intento de mediar no conflicto que xurdiu sobre o dereito de aproveitamento da auga da fonte pública da localidade.
O propietario da finca onde se atopa o manantial que surte á fonte iniciou obras para a captación dunha parte do caudal, que adquiriu cando comprou o terreno, e que necesita para regadío. Os veciños de Partovia opóñense porque din que a auga é do pobo.

Dado que o propietario ten unha concesión da Confederación Hidrográfica, o Concello dirixirase a dito organismo para ver de solucionar o problema e que ningunha parte saia perxudicada.

Te puede interesar