A baixada de augas turbias na zona do Porto de Eguas causou a alarma dos veciños

O Concello investiga a orixe de verquidos ó regato Varille [Galería]

O regato de Varille.
Un verquido desconocido está a afectar nos últimos días ó regato Varille, que nace na localidade dese mesmo nombre, na parroquia carballiñesa de Partovia, para logo cruza-lo val de San Fiz de Barón e desembocar no río Avia, á altura de Gomariz, xa no municipio de Leiro. Veciños do núcleo de Porto de Eguas, na mesma Partovia, comprobaron como as augas do regato baixaban turbias durante os últimos días, 'dunha cor moi escura, semellante á do chiculate', apunta Francisco González, veciño deste pobo.
Ademais, a turbidez apareceu o pasado mércores e prolongouse ata o sábado e a mañá do domingo, mentres na xornada de onte as augas tiñan un aspecto máis claro, según indicaron veciños do contorno, onde hai unha área recreativa acondicionada con árbores e bancos, no itinerario aberto polo 'Camiño dos Arrieiros'. Francisco González foi un dos que chamou ó departamento do Servicio de Protección da Natureza (Seprona) que posúe no posto da Garda Civil do Carballiño.


DENUNCIAS

'Comuniqueilles ós axentes a contaminación do regato, pero aínda non se puxeron en contacto conmigo e descoñezo se visitaron a zona para abrir unha investigación', manifestou. No mesmo sentido, tamén se puxeron en contacto co concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García, para avisalo da situación. O edil nacionalista comentou onte que 'é difícil acertar a orixe destes verquidos, sobre todo porque non son continuados e moitas veces pasan desapercibidos se os veciños non os denuncian'.

Bernardo García descarta que as causas da contaminación estén na execución do proxecto de abastecemento e saneamento nas localidades de Torrón e Partovia, ó longo da estrada que une a vila do Arenteiro con Ribadavia, a antiga OU-210, 'xa que as obras están moi lonxe e aínda non chegaron ó tramo entre Partovia e O Porto'.

A preocupación por esta contaminación tamén se extende ós veciños da parroquia de Barón, na que utililizan a auga do regato para o sistema de regadío das súas fincas, a meirande parte delas con cultivo de uvas.

O Concello carballiñés abrirá o correspondente expediente para aclarar os feitos, coa colaboración do Seprona e da Policía Autonómica, que tamén ten competencias en materia medioambiental.

Te puede interesar