O Concello de Maside prevé adxudicar dúas prazas de taxi

El Concello de Maside, unha vez que finalice o prazo legal establecido, concretamente o día 28 de novembro, adxudicará dúas prazas de taxi. As vacantes prodúcense tras a xubilación dos anteriores titulares. A adxudicación faise mediante concurso cuxas bases que aprobara o pleno municipal o pasado 26 de setembro e que, con posterioridade, foran publicadas no BOP o 29 de outubro.
Ademais dos requisitos que deben cumprir os aspirantes, valórase a experiencia en transporte de viaxeiros, os permisos de conducir ou estar no paro, entroutros aspectos.

Te puede interesar