O Concello de Piñor informa sobre os danos do tabaquismo

O Concello de Piñor instalará mañá un stand informativo na Casa Consistorial, no que ademais de dar información sobre diversos aspectos relacionados co tabaquismo (danos á saúde ou metodoloxías para deixar de fumar) tamén se realizarán cooximetrías ás persoas interesadas (medición da cantidade de monóxido de carbono para coñecer o seu estado de saúde) e intercambiaranse chupa-chups por cigarros, como unha maneira de fomentar a colaboración cidadá na loita contra o tabaco.
O stand estará atendido pola educadora familiar, psicóloga formada no ámbito da intervención en tabaquismo, que ofrecerá asesoramento de 9,30 a 14,00 horas.

Te puede interesar