Concentración de coches ao redor dunha gran pulpada

concentración terá lugar na Praza da Veracruz e segundo a organización espérase superar o número de coches Audi inscritos na primeira edición

O Carballiño será escenario o sábado, 11 de xuño da "II Pulpada ASI 2016, organizada por PRC Carballiño, do Audi Sport Ibérica Club. A concentración terá lugar na Praza da Veracruz e segundo a organización espérase superar o número de coches Audi inscritos na primeira edición, para acadar arredor de 30 ou 40 vehículos.

Ao mediodía realizarase unha visita turística ata o Pazo Tizón, e sobre as 14,30 horas, terá lugar o xantar no que participarán conductores e acompañantes.

Para inscribirse e máis información, hai que entrar na web www.audisport-iberica.com.
O Carballiño volve a ser punto de encontro dos amantes dos coches por segunda vez en quince días, despois da concentración que tivo lugar de superdeportivos de alta gama, con máis de 70 vehículos, que xeraron gran expectación.

Te puede interesar