COMERCIO LOCAL

O concurso de escaparates atrae a 21 comerciantes

Establécense tres premios de 200, 150 e 100 euros, para os tres primeiros clasificados

Un total de 21 establecementos comerciais do Carballiño participan no concurso de escaparates do Nadal organizado por la Concellería de Cultura, que dará a coñecer o fallo do xurado o próximo 23 de decembro, nun acto a celebrar na  Praza do Emigrante. Repartiranse 1.000 euros en premios. O concello aportará 700 euros, dos cales 450 serán para premios e 250 euros dun accésit para a Praza de Abastos. O Centro Comercial Aberto aportará os 400 euros restantes.

Así, establécense tres premios de 200, 150 e 100 euros, para os tres primeiros clasificados. E outros 150, 100 e 50 euros para os primeiros clasificados entre os establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto. 

Te puede interesar