Medio Rural investirá 200.000 euros nas fincas desta parroquia carballiñesa

Un convenio permite introducir melloras na concentración de parcelas de Lobás

A concentración parcelaria de Santa Uxía de Lobás, en Carballiño, recibirá un investimento de 200.000 euros para melloras no abastecemento, regadío e pistas forestais. A asociación de veciños desta parroquia e Medio Rural chegaron a un acordo e só falta a adxudicación das obras. Men-tres, medio cento de propietarios plantaron 40 hectáreas de trigo para a súa comercialización.

Os veciños da parroquia car-balliñesa de Santa Uxía de Lobás chegaron a un acordo cos téc-nicos da Dirección Xeral de Estructuras Agrarias a fin de ela-borar un proxecto para acome-ter varias melloras nos terreos da concentración parcelaria, que abarca unha superficie de 2.590.000 metros cadrados (259 hectáreas).A iniciativa obtivo o respaldo do Consello da Xunta, cun orza-mento aproximado de 200.000 euros, e foi incorporada ó con-venio asinado recentemente pola ministra de Medio Ambien-te, Rural e Mariño, Elena Espi-nosa, e o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal.

Canalización

Según apuntou o presidente da Asociación de Veciños de Lobás, Eugenio Rodríguez, ‘es-tas eran unhas obras que viña-mos demandando dende hai un ano e que agora imos ver plas-madas na realidade’. Concreta-mente, os traballos contemplan a limpeza integral das pistas e cunetas que cruzan a concen-tración -cunha lonxitude total de 20 quilómetrose a canalización para regadío nas 12 aldeas que integran a parroquia. Ademais, están previstas dúas novas cap-tacións para o depósito de auga que proporciona suministro ó pobo de Boedes; o arranxo da pista entre Xuio e Costoia, e o asfaltado de camiños en Mos-teiro, Boedes e Trigás.Á espera de que Medio Rural adxudique as obras neste mes-mo mes, medio cento de pro-pietarios de Lobás plantou unha extensión de perto de 40 hec-táreas para a producción de tri-go. Según comentaron, ‘a pre-paración das fincas e a semen-teira facémola conxuntamente, e cada veciño abona os gastos según a superficie que posúe’.


Te puede interesar