acto solidario

Cruz Vermella repartirá libros da Biblioteca aos maiores no fogar

Este novo servizo municipal de préstamo a domicilio denomínase “Biblioteca no fogar” e contará coa colaboración do voluntariado da Cruz Vermella

A Concellería de Cultura do Carballiño e a Biblioteca Pública Municipal poñen en marcha unha nova iniciativa de préstamo de libros dirixida ás persoas maiores de 65 anos ou ben a aquelas con unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Trátase de achegar os libros ata os seus domicilios, sen necesidade de ter que desprazarse ata a Biblioteca para acceder aos fondos de lectura. 

Este novo servizo municipal de préstamo a domicilio denomínase “Biblioteca no fogar” e contará coa colaboración do voluntariado da Cruz Vermella, que facilitará o rexistro como usuarios da Biblioteca e achegaran o listado actualizado do fondo bibliográfico e de lectura, así como os propios libros que demanden.

Te puede interesar