O curado do porco celta regresa ás terras galegas

Detalle de la última fiesta del cerdo celta en Beariz. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
A asamblea da Asociación de Criadores de Porco Celta (Asoporcel) debatirá o vindeiro 17 de abril unha proposta para levar a cabo o curado da carne desta especie porcina en Galicia, e non en Salamanca coma se está a facer na actualidade. Neste sentido, socios da entidade xa están a facer probas, 'nas que almacenamos lomos, paletas e xamóns en cámaras a unha temperatura máxima de 5ºC, de xeito que o proceso do curado remataría cunha exposición das carnes ó fume, como é tradicional no noso país', sinala José Balboa, vicepresidente da asociación.

Este criador, fundador da cooperativa 'Oural', de Beariz, xunto con outros cinco socios, lembra que 'nós enviamos a unha planta da localidade salmantina de Guijuelo lomos, paletas, xamóns e lacóns dun total de 60 porcos sacrificados, pero imos plantexar que no futuro se faga este mesmo proceso en Galicia para tódalas explotacións de porco celta, e estamos a barallar as zonas da alta montaña de Lugo, como son O Caurel ou Os Ancares'.

José Balboa destaca o apoio das institucións ó proxecto de cría do porco celta, como a Consellería de Medio Rural e o Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico (Inorde). En relación con iste organismo da Deputación, o directivo de Asoporcel sinala que 'o xerente, José Manuel Rodríguez, e os técnicos do seu departamento están a elaborar un estudio para solicitar a declaración de interés turístico para a festa de exaltación que celebramos en Beariz, que chegou no mes pasado á súa cuarta edición coma homenaxe ós emigrantes en México'.

Te puede interesar