Día da Árbore na Insua dos Poetas de Madarnás

A Insua dos Poetas, un espazo no que se entremezcla a natureza coa cultura, acollerá mañá un acto de celebración do Día Internacional da Árbore e da Poesía. Escolares do Carballiño participarán nesta iniciativa promovida pola Fundación Insua dos Poetas, coa que se pretende festexar a chegada da primaveira. O presidente da fundación, Luis Tosar, declaraba que se institucionalizará esta celebración cada 21 de marzo, 'unha celebración da auga, da árbre e da poesía', indicou.
A Insua dos Poetas está ubicada na localidade de Madarnás, no Concello do Carballiño, e dende fai tempo é o escenario da celebración anual da Festa da Palabra. Alí é onde se xuntan os escritores para falar ou recitar, pero tamén os escultores, xa que este espazo natural tamén é unha mostra permanente de esculturas, ademais de outros moitos persoeiros do mundo da cultura. Neste marco, os rapaces recitarán poemas e plantarán árbores, sobre todo oliveiras donadas por Aceites Abril, porque 'é unha árbore muy estimada dende a antigüedade, que simboliza a gloria e a paz', segundo sinalou González Tosar.

A actividade, que ten unha finalidade fundamentalmente educativa, é aberta a todo o público e desenvolverase entre as 11,00 e as 13,00 horas. Está prevista a asistencia de atoridades tanto da Xunta como da Diputación e do Concello do Carballiño, e o mantenedor desta primeira edición será o escritor Xosé Luis Méndez Ferrín.

Te puede interesar