URBANISMO

O edil Reboredo pide explicacións pola iluminación da rúa Calviño

considera os feitos o suficientemente graves para que as autoridades municipais dean explicacións aos veciños

O concelleiro non adscrito, Marco Reboredo, dirixiu un escrito ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, pedindo explicacións sobre un proxecto de mellora na rúa Calviño, no que se contempla unha partida de 14.000 euros para reposición da iluminación cando xa foi instalado fai unhos meses por persoal do Concello.


Reboredo considera os feitos o suficientemente graves para que as autoridades municipais dean explicacións aos veciños. Ademais, recomenda á xunta de goberno, que foi a que aprobou este proxecto por un montante total de 83.000 euros, máis cautela polas responsabilidades que se poidan derivar deste tipo de decisións. 

Te puede interesar