O escenario do Auditorio estrea caixa negra e telón

A compañía Malasombra estrenará o vindeiro sábado as novas instalacións coas que o Concello do Carballiño dotou o escenario do Auditorio municipal para representacións teatrais.
A concelleira de Cultura, Asunción Rivero, presentou onte a 'caixa negra', 'que servirá para mellorar a iluminación das montaxes, de xeito que os grupos que actúen non terán que instalar andamios e teas, e elo vai repercutir nunha reducción do caché que viñan cobrando por representación'.

O departamento municipal de Cultura investiu 15.573 euros na dotación conxunta do fondo e laterais en cor negra do escenario e nun telón, con apertura e peche automáticos'. O elenco integrado polo actor carballiñés Jouse García, e Xoque Carvajal, protagonizarán mañá, ás 21,00 horas, a comedia 'Go on!', baseada nun libreto de José Luis Prieto para Malasombra. 'Estreamos hai 10 meses e, con 13 funcións, somos a segunda compañía con máis funcións en Galicia', apuntou Jouse García.

Te puede interesar