A Escola de Familia de Piñor axuda a previr sobre as drogas

O vindeiro xoves terá lugar a cuarta sesión da VI Escola de Familia, que organiza o Concello de Piñor. Por sexto ano consecutivo, a escola de pais e nais municipal ofrece un programa formativo moi variado en torno ás problemáticas actuais e de especial relevancia para a educación dos nenosBaixo o título de “Prevención da exclusión social: delincuencia e drogas”, profesionais de APES (Asociación para a Prevención da Exclusión Social en Ourense) darán pautas ás familias, pero tamén se contará cunha persoa que compartirá a súa experiencia coas familias, como testemuña de cómo se pode caer en condutas de risco e sensibilizar ós pais nesta problemática.
 

A charla desta sexta edición de Escola de Familia terá lugar o 27 de marzo, ás 18,00 horas, no Centro Social (Albarona).

Te puede interesar