Os escolares disfrutarán de cine e libros de intercambio

A Asociación de Nais e Pais 'A Uceira' do colexio público Calvo Sotelo e o Cine Clube Carballiño organizan hoxe a proxección da película 'La invención de Hugo', ás 17,00 horas e no Auditorio Municipal. O prezo da entrada foi fixado en dos euros tanto para os nenos e nenas que asistan como para os adultos que os acompañen. Ó remate da sesión, os organizadores sortearán entre tódolos presentes un exemplar do libro no que se basea a película 'La invención de Hugo Cabret'.
A continuación desenrolarase tamén o mercadiño de intercambio de libros que foi suspendido polo mal tempo, entre ás 19,00 e as 20,00 horas, no mesmo Auditorio. Estas actividades forman parte do programa elaborado polo colectivo 'A Uceira' para iste segundo trimestre do curso escolar, e que tamén inclúe talleres de iniciación ó teatro e á pintura e unha 'horta ecolóxica'.

Te puede interesar