eleccións municipais

Espazo Común presenta en Carballiño unha candidatura plural

espazo comun
photo_camera A candidatura de Espazo Común na Eira de Flores.

Pachi Vázquez destaca o gran perfil social e profesional dos integrantes

Espazo Común, a nova formación política que lidera Pachi Vázquez, presentou este venres a súa candidatura do Carballiño ás próximas eleccións municipais, na emblemática Eira de Flores, nun cálido e participativo acto no que Vázquez, como cabeza de lista, destacou a necesidade de "relanzar O Carballiño cun gran equipo e cun gran proxecto". Pachi Vázquez referiuse a unha "candidatura completamente renovada que nace por e para O Carballiño" e precisou que a nova candidatura se basea "nun gran equipo e nun gran proxecto para relanzar O Carballiño: dinamizar a economía, garantir a calidade de vida dos nosos veciños e acometer os importantes cambios estruturais que precisa a vila".

O candidato á alcaldía carballiñesa sinalou que a candidatura de Espazo Común "incorpora persoas cun gran perfil social e profesional, así como un reparto equilibrado de representación dos barrios e das parroquias contemplando a pluralidade do noso concello". A candidatura inclúe profesionais sanitarios, representantes de traballadores, líderes de colectivos sociais e veciñais, xubilados e unha gran diversidade de perfiles sociais. 


Lista


Os números dous e tres son os exedís do PSOE Adolfo Nogueira e Érika Paz, ambos concelleiros do grupo non adscrito do Carballiño; o seguinte é Gonzalo Rodríguez, vinculado ao asociacionismo veciñal; Inmaculada Rodríguez, técnica de Medio Ambiente; Francisco Javier Pérez, coordinador do centro de saúde; Patricia Caiña, representante sindical da CIG; Ana Hermida, licenciada en dirección de empresas; José Rabinal, representante veciñal de A Uceira, e David Corral, representante sindical de GRI Towers.

Te puede interesar