INFRAESTRUCTURAS

Unha estrada de Boborás leva 20 anos sen rematar

Bruesfeas_result
photo_camera Tramo sen anchear na estrada entre Brués e Feás.

O pasado mes de xuño, a Deputación ourensá adxudicou traballos de afirmado da calzada nesta estrada, por valor de 60.000 euros, según suliñou Patricia Torres, tenente de alcalde de Boborás.

A estrada provincial de 25 quilómetros que comunica as localidades de Brués, no municipio ourensán de Boborás, e Portela da Cruz, no da Lama (Pontevedra), aínda está sen rematar tras 20 anos de obras. Precisamente hai un dos tramos, conocido popularmente como "A Trincheira", no que os traballos de acondicionamento levan un ano paralizados. "Xa alertamos, dende primeiros de ano, da situación de perigo que esa paralización provocaba, pola falla de seguridade na zona e xa van varios accidentes nela”, relata Javier Lamas, secretario da Agrupación Socialista de Boborás.

Así é que, ante as numerosas queixas dos usuarios desta estrada, o PSOE vai iniciar unha campaña de recollida de sinaturas entre a propia veciñanza afectada, para esixirlle á Deputación de Ourense  que remate as obras. A estrada (OU-415) é vital para comunicación dos veciños de Boborás, ademais de enlazar a N-541 coa provincia de Pontevedra, supoñendo no inverno unha alternativa ó paso polo Alto do Paraño, habitualmente con problemas de neve.

O pasado mes de xuño, a Deputación ourensá adxudicou traballos de afirmado da calzada nesta estrada, por valor de 60.000 euros, según suliñou Patricia Torres, tenente de alcalde de Boborás.
Nembargantes, na actualidade descoñécese a existencia dalgún outro proxecto que conleve o remate definitivo dos traballos. 

Te puede interesar