Expertos no mal de Alzheimer analizaron as axudas familiares

Unha das intervencións dos expertos de ‘Afaor’, na Casa do Concello carballiñesa. (Foto: Martiño Pinal )
Técnicos da asociación ourensana ‘Afaor’, integrada por familiares de enfermos de alzheimer, desplazaronse ó Carballiño para participar nunha charla no salón de actos da Casa do Concello.
Os expertos analizaron o papel da asistencia familiar ós afectados por este mal, destacando a necesidade de que os cuidadores non deixen de manter o seu ritmo de vida habitual. Unha exposición instalada no edificio consistorial amosa traballos de pintura realizados por persoas acollidas pola entidade.

Te puede interesar