Nove exposicións no Outono Fotográfico do Carballiño

Un total de nove exposicións en distintas salas da vila e da comarca abarcará o Outono Fotográfico do Carballiño durante o mes de novembro 2013. A estas salas sumaránselles os dous Institutos (Chamoso Lamas e Número 1), no próximo mes de decembro e o Casino albergará unha nova exposición, de título 'Somos así'.
A mostra en lonas co título 'INTRES' dos membros da Asociación Fotográfica O Potiños, que estivo na Praza Maior dende agosto, pasará á Praza dos Irmans Prieto-Rua Norte-Alameda, a cuberto das inclemencias do tempo por cesión de espacios nun edificio da zona.

Te puede interesar