O alcalde chegou a un acordo con técnicos de Adif para dar resposta ás reivindicacións dos veciños

A expropiación de terreos levará a traída de auga a pobos de O Irixo afectados polo AVE

Una de las vecinas de la parroquia de Loureiro, en la manifestación del pasado 13 de enero. (Foto: Martiño Pinal)
As redes de abastecemento e demais infraestructuras públicas afectadas polas obras do AVE no Irixo serán repostas con cargo ó Ministerio de Fomento. Representantes de Adif runíronse onte co alcalde do municipio a fin de chegar a un acordo.
Os veciños da parroquia de Cangues, no municipio do Irixo, disporán dunha nova traída de augas con cargo ó Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif), ó traverso da captación dun manantial que se atopa en fincas privadas. Iste foi un dos acordos ós que chegou onte o alcalde, Manuel Penedo, con representantes do organismo dependente de Fomento, e que se extenderon a outras localidades do municipio afectadas polas obras de apertura da liña do AVE.

‘O Concello ten que facer unha reclamación patrimonial ó Adif e presentar un proxecto de obras para acometer o novo abastecemento e unha valoración dos custes da expropiación das fincas por onde pasa, e o Estado encargarase de financiar as obras’, sinalou o rexedor ‘popular’Manuel Penedo.

A empresa concesionaria do tramo ferroviario (Sacyr) encargarase doutra captación nas localidades de Outeiro e As Laxas, apontou o rexedor, ‘mentres que en Guimarás haberá que segui-lo mesmo proceso que en Cangues’.

Manifestación

Os operarios da concesionaria do tramo do AVE comezaron tamén o asfaltado das pistas de desvío abertas no entorno do túnel de Barro, na parroquia de Loureiro, ‘e quedaron en facer un estudio do paso elevado sobre a vía para poder chegar ata o pobo de Quinteiro’. Uns 50 veciños desta parroquia protagonizaran o pasado 13 de xaneiro unha manifestación e obrigaron á paralización dos traballos nese túnel durante dúas horas, ante a falta de resposta dos técnicos da empresa adxudicataria ás súas reivindicacións.

Entre elas, a rectificación dunhas curvas entre A Bugalleira e Loureiro, ‘que non se poderá acometer xa que nesa zona están localizados e catalogados ata catro túmulos megalíticos’, comentou Manuel Penedo. Por outra banda, ‘o Adif mantén a proposta de construcción dun paso peatonal elevado sobre o trazado da liña en Lama do Campo, xa que os seus delegados aseguraron descoñecer o acordo tomado polo Senado para que sexa inferior’.

O alcalde do Irixo manifestou a súa intención de ‘esperar a que pase o proceso electoral para comunicarlles estes acordos á comisión de seguimento que constituimos o pasado sábado entre representantes da Corporación e de veciños de 13 localidades afectadas’.

Te puede interesar