Provincia

A Festa do pulpo regresa ó Carballiño con máis de 20 pulpeiras por toda a vila

undefined
photo_camera Tapa de pulpo de la Festa de Carballiño (archivo).
As datas do encontro gastronómico mantéñense na primeira semana de agosto, pero a evolución da pandemia motiva a modificar o programa tradicional

O Carballiño celebrará unha Festa do Pulpo, o vindeiro 8 de agosto, acorde coas restriccións necesarias para conter o avance da Covid-19. Do mesmo modo que o pasado ano, será unha festa atípica: nada dos 100,000 comensais que adoitaban congregarse no recinto do parque municipal para comer; si que haberá pulpeiras por toda a vila e unha ampla gama de programación cultural. 

As datas do encontro gastronómico mantéñense na primeira semana de agosto, pero a situación sanitaria e a evolución da pandemia motivan a modificar o programa tradicional da Festa do Pulpo de Carballiño. 

As pulpeiras deixarán os espazos de referencia, o parque municipal e o recinto oficial do xantar do Pulpo, para espallarse por toda a vila: está previsto que uns 20 pulpeiros instalen as súas caldeiras por diferentes zonas do pobo para atender á demanda dos milleiros de visitantes que se acheguen ó Carballiño no segundo domingo de agosto. 

Programación da Festa do Pulpo

O encontro mantén unha tradición que se ven prolongando dende fai máis de 70 anos, e dende o Concello, intentan manter o significado da festa acorde á situación sanitaria. Por iso, a programación contará con propostas para animar e dinamizar o pobo nas xornadas pre-Pulpo. 

O Festival de Habaneras, que celebrará o  próximo 31 de xullo a súa XXVII edición -cancelala o pasado 2020 debido á situación sanitaria-, deixará paso á programación da Festa do pulpo que iniciará agosto cunha xornada infantil na que presentará a Octavio, a mascota do encontro gastronómico. 

 O día 2 de agosto tamén achegará actividades para os máis cativos; desta quenda da man do Teatro Migallas, que pasará polo Carballiño coa súa montaxe "Canta con nós". 

A Orquesta Clásica de Vigo reservará o seu espazo para os máis maiores ofrecendo un concerto na terceira xornada do mes. A protagonista será a música tamén o día 4 de agosto, con outro concerto, esta vez da man do gospel e soul&rock da banda viguesa Broken Peach. E para rematar a programación musical, Pablo Milanés protagonizará a xornada do 6 de agosto, regresando ó Carballiño cos seus sons de autor. 

O 8 de agosto, día oficial da Festa do Pulpo, o encontro gastronómico será amenizado polo grupo "Cantigas e Agarimos", unha agrupación folklórica coruñesa acompañará a comida tradicional galega con música acorde á ocasión. 

Te puede interesar