O ‘Festival de Habaneras’ rinde homenaxe no Carballiño á traxectoria de José Isorna

O Auditorio da vila do Arenteiro acollerá o vindeiro sábado 26 o ‘Festival de Habaneras’ que organiza o Orfeón do Carballiño e no que actuarán tres corales e dúas rondallas. Esta decimoquinta edición estará adicada á traxectoria de José Isorna, difusor da música polifónica galega.
As corais polifónicas de Verín (Ourense) e La Paz, de Pastrana (Guadalajara); as rondallas Presto Vivace, de A Coruña, e Latexos, de Foz (Lugo), son as catro agrupacións invitadas ó ‘Festival de Habaneras’ que organiza o Orfeón do Carballiño.

O certamen polifónico celebrarase o vindeiro sábado 26 de xullo no Auditorio municipal da vila do Arenteiro con entrada libre e gratuita, a partir das oito e media da tarde, coa colaboración de Concello, Deputación e Xunta de Galicia.

Emilio Rodríguez, presidente do Orfeón carballiñés -que pechará o festivalanunciou que ‘cada un dos grupos participantes presentará tres cancións do seu repertorio, e ó remate cantaremos conxuntamente A Paloma’. Pola súa banda, o director da coral anfitriona, Xosé Luis Reza, destacou ‘os 15 anos que levamos aportando o noso grao de area ó programa cultural do verán’.

E coma xa é tradicional na historia desta actividade, haberá unha homenaxe á traxectoria dun persoeiro vencellado ó mundo da polifonía. Neste caso, a organización elexiu a José Isorna Ferreirós, nado en Valga (Pontevedra) e cun amplo currículo tanto no ensino coma nos medios de comunicación. ‘Dende o seu programa Santa Misa, da TVG, deu a coñecer ó mundo a máis de 200 corais galegas’.


Te puede interesar