A filla de Losada Diéguez recibirá un caderno dos nenos de Boborás

A localidade de Moldes (Boborás), acolle o vindeiro sábado o programa de actos organizado polo Concello co gallo da entrega dos premios da vixésimo sétima edición do certamen literario 'Antón Losada Diéguez'. As actividades iniciaranse ás 11,00 horas cunha misa solemne na igrexa de San Mamede, á que lle seguirá unha ofrenda foral ante a campa do ilustre galeguista.
A continuación, Luis Rial Suárez, da Radio Galega, presentará, no pazo da familia Losada Diéguez, a entrega dos galardóns, que este ano recaeron en Agustín Fernández Paz, na modalidade de creación literaria, e en Xesús Alonso Montero, na de investigación e ensaio. Cada un deles recibirá un diploma e un talón por valor de 6.000 euros.

Os alumnos de Educación Primaria do colexio público 'Nosa Señora de Xuvencos', de Boborás, farán entrega a Mercedes Losada Espinosa, filla de Antón Losada, dun caderno feito por eles sobre a vida e obra do escritor de Moldes.

O programa oficial será clausurado polo conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez. n.

Te puede interesar