A Garda civil identifica a dous ecoloxistas que piden investigar a canceira carballiñesa

Axentes da Garda Civil e da Policía Local retiraron onte unha pancarta da Praza Maior do Carballiño na que se pedía a convocatoria da comisión de investigación da canceira municipal e identificaron a dous ecoloxistas que protago-nizaban a protesta, ademais de rexistrar o vehículo dun deles.
Xulio González, voceiro do colectivo ‘Matar por matar non’, e Bernardo García, concelleiro do BNG en Carballiño e membro da asociación ecoloxista Adega, foron identificados onte pola Gar-da Civil e a Policía Local.

Os axentes tamén retiraron unha pancarta co lema ‘Comisión de investigación xa’ que tiñan colocada nas escaleiras de acceso á Praza Maior, fronte á Casa do Concello. Ademais, rexistraron o vehículo que Xulio González tiña estacionado na rúa Aldara, no que se mostran fotografías de animais que suposta-mente morreron na canceira municipal.

Bernardo García apuntou que ‘isto é unha persecución en toda regla, xa que nós o único que solicitamos é que o alcalde, Carlos Montes, convoque dunha vez a comisión acordada polo pleno da Corporación para investigar a desaparición de máis dun cento de cans nas instalacións de A Medela’.

Xulio González, pola súa ban-da, indicou que ‘esta actitude é desproporcionada por parte das forzas de seguridade, xa que aquí apareceron un cabo e tres axentes da Policía Local, dous cabos e dous números da Garda Civil e outro do Seprona’.A Garda Civil identifica a dous ecoloxistas que piden investigar a canceira carballiñesa

Catro denuncias pola morte de cans


A creación dunha comisión municipal para investiga-la morte de máis de 70 animais na canceira do Carballiño foi aprobada nun pleno extraordinario da Corporación o pasado 26 de marzo, a instancias do BNG. Nembargantes, a primeria xuntanza aínda non foi convocada polo alcalde, o socialista Carlos Montes, a pesares de que tanto o grupo nacionalista coma o ‘popular’ xa teñen designados os seus catro representantes. Mentres, o Servicio de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil abriu un expediente tras inspeccionar a canceira e presentou ata catro denuncias contra o Concello carballiñés ante a Delegación provincial de Medio Ambiente pola situación ilegal das instalacións de A Medela.

Te puede interesar