Igualdade salienta o papel das mulleres rurais en Galicia

Asistentes al encuentro. (Foto: JAINER BARROS)
Carballiño inaugurou onte as Xornadas do Desenvolvemento Rural organizadas pola Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), nas que participan ó redor de 150 personas, e que contaron coa presenza da secretaria xeral de Igualdade, Marta González, quen destacou o 'dinamismo e a labor excepcional de Femuro, que xunto con outras asociacións traballa para que 'a invisibilidade da que foron vítimas as mulleres rurais comece a desaparecer'.
Marta González apuntou na Residencia do Tempo Libre do Carballiño que dende o goberno galego 'se aposta polo rural e polas mulleres rurais, que son clave no desenvolvemento do progreso e tamén do futuro do noso país'. Ademais, dixo que dende a Secretaría xeral da Igualdade 'apoiamos a formación das emprendedoras e das mulleres do medio rural en xeral, en temas como as tecnoloxías da comunicación e da información, a calidade, protección do medio ambiente, ou a través do asesoramento xurídico e financeiro na posta en marcha destes proxectos'. As xornadas clausúranse hoxe.

Te puede interesar