Informática para persoas maiores en Piñor de Cea

O Concello de Piñor pon en marcha un novo programa de voluntariado denominado 'Renóvate'. Despois da iniciativa 'Entendo', destinada a impartir clases de conversación gratuitas a inmigrantes, agora a Oficina Municipal de Voluntariado aposta polas persoas maiores.
'Renóvate' consiste na creación dunha rede de persoal voluntario que ensine novas tecnoloxías ás persoas maiores, dende o manexo básico do ordenador ou o teléfono móbil , á utilización de internet. O Concello conta cunha aula de informática que abre ó público de martes a venres, de 18,00 horas a 20,30 horas. A idea consiste en que toda persoa maior interesada en aprender se acerque nese horario para que persoal voluntario a guíe nese proceso de aprendizaxe. Trátase dunha formación aberta e libre. O persoal voluntario, terá un curso de formación o martes 13 de setembro, ás 20,00 horas, no Centro Social, no que se lle fará entrega dun agasallo a tódolos participantes.

Te puede interesar