Un estudio destaca o coste baixo das vivendas e a excelente comunicación cas principais cidades

Inmobiliarias e Concello promoven campañas para ofertar Carballiño como lugar para vivir

O alcalde, Carlos Montes, reuniuse cos promotores inmobiliarios do Carballiño. (Foto: Martiño Pinal)
Un estudio realizado por unha empresa especializada destaca o baixo coste das vivendas no Carballiño e as súas boas comunicacións. Neste informe basease a campaña de ofertar a vila como lugar residencia, iniciada polas inmobiliarias e o Concello.
Máis de 25 promotores inmobiliarios do carballiño mantiveron onte unha reunión co alcalde Carlos Montes co obxetivo de dinamizar este sector, promovendo campañas na capital provincial e no resto de Galicia, coas que se persigue destacar as excelencias da vila como lugar para vivir. Esta reunión ven precedida dunha serie de traballos realizados polo Concello, que comenzaron antes do pasado verao, tendo en conta a relevancia económica deste sector, así como a importancia de aumentar e fixar población no Carballiño.

Entre as xestions realizadas polo concello estivo a contratación dunha empresa especializada, que mostrou un primeiro borrador sobor das líneas xerales do plan. En primeiro lugar destaca o prezo das vivendas no Carballiño, inferior prácticamente nun 50% nas mesmas condicións que na capital. Este foi un punto que acolleron de bo agrado os promotores, recoñecendo que é a súa principal baza na competencia ca capital.

O borrador destaca as boas comunicacións, que permite estar a menos de unha hora das principais cidades galegas, tendo en conta que eso supón contar con servicios como os aeroportos, pero sen as carencias que supón vivir nesas cidades. Asemade, o informe resalta os 15 minutos que separarán a vila de Ourense, unha vez que se inaugure dentro de 15 días o novo enlace con Maside da autovía, pola que tamén se accede a Santiago e a Coruña, sen esquecer a proximidade da de Rías Baixas.

PLAN

Os constructores aportarán ideas

O alcalde e promotores acordaron manter unha nova xuntanza o vindeiro luns, ás 19 horas, na que se asentarán as líneas xerais deste plan de promoción da vila, e se aportarán novas ideas, sobre todo por parte dos promotores. Unha primeira conclusión á que se chegou foi a de centrar principalmente esta campaña na cidade de Ourense, como principal mercado para captar novos veciños.

O informe realizado pola empresa especializada recomenda que se inclúa na oferta a disponibilidade de servizos propios dunha cidade, como é a rede de supermercados, a oferta hostelera e tamén de empresas punteiras no sector das comunicacións ou do suministro enerxético. A esto debe unirse a pluralidade de centros de ensino, privados e públicos, ou a recente escola para os máis cativos, que permiten conciliar a vida laboral e a familiar, sen esquecer os servizos municipais no mesmo marco de actuación.

Satisfacción entre o sector pola iniciativa

Promotores e constructores, que asistiron á reunión co alcalde, calificaron a proposta de acometer conxuntamente a campaña de oferta da vila como ‘moi interesante, tendo en conta que o Carballiño dispón de vivendas de calidade e a bó prezo’, insistiron. Nunha comparativa coa capital, que é onde incidirá máis a oferta, matizaron que un piso de tres dormitorios e de características similares a outro ubicado en Ourense, pode ter un precio medio de 120.000 euros, cantidade que pode chegar a triplicarse na cidade.

Por outra banda, o sector acolleu con satisfación a medida do Concello, á vista do estancamento que sufre neste momento a construzón por causa da crise económica.

Ó respecto, manifestaron que na actualidade estase traballando só nun 20% do que habitualmente se facía nos tempos de bonanza. Aínda que o Concello tramitou un importante número de licencias de obras antes da aprobación da Lei do Solo, o certo é que só se están construindo cinco edificios, e xa forman parte da paisaxe urbán os carteis que anuncian novas edificacións que, nembargantes, estanse retrasando por causa da reducción nas ventas de vivendas, que recoñecían onte os responsabeis das inmobiliarias locais.


Te puede interesar